Subscribe:

domingo, 25 de abril de 2010

0
Fonte: http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/Dinamica






Sacado de :http://www.shodor.org/interactivate/activities/RabbitsAndWolves/

Indicaións para profes:
Esta actividade permite ó usuario simular como a natureza mantén o seu equilibrio. Este applet mostra como os lobos e coellos se comportan no seu contorno natural. Esta actividade podería funcionar ben en grupos de dous a catro por uns trinta minutos, se usa as cuestións de explotación e dez a quince minutos en contrario.
Indicacións para os alumnos:
Ollade o seguinte simulador:
Podedes cambiar parámetros como a vida media dos lobos, coellos ou a súa probabilidade de reproducirse. Tamén podedes cambiar o ambiente entre "Island" (Illa) ou Toroid (poden vagar libremente).
Se lle dades a "view population graph" podedes ver segundo pasa o tempo como varían as poboacións.
Logo trata de contestar as seguintes respostas:
1. Que sucedería se houbese moitísimos máis coellos ca lobos? Vivirán estes para sempre nunha poboación elevada?
2. O que sucedería se houbese moitos máis lobos ca coellos? Manterase a poboación de coellos para sempre?
3. Como poden os coellos e lobos viven en equilibrio nesta simulación?
SEGURO QUE PASAREDES UN BO ANACO FACENDO PROBAS E VENDO A VER QUE PASA



Neste apartadiño irei publicando as vosas presentacións.
En xeral estou moi contento cas presentacións que fixéchedes e amósame unhas cabeciñas que pensan e estructuran a información. Así que parabéns para todos, xa que non vin ningún traballo de primeiras que non mereza eloxio. 


Aquí está o traballo presentado por:
Rebeca Ríos Fontán, Marieta Estévez Gandía, Astrid Porto Delamano e Olga Rodríguez Diéguez. Ten algunhas faltas orteográficas, pero están a revisalas e traballar nelas para entregarme o definitivo. O traballo en xeral está de notable, pero ten tamén algún falliño, así que olládeo para axudalas a descubrir onde están eses pequenes erros (Isto forma parte do proceso de parendizaxe)
Parte I


Parte II


Enlaces para descargar os PFD:

Parte I:

martes, 6 de abril de 2010

0
http://megaswf.com/view/3fb69ee2f66763a632bd5d722c40a26f.html