Indicaións para profes: Esta actividade permite ó usuario simular como a natureza mantén o seu equilibrio. Este applet mostra como os lobos e coellos se comportan no seu contorno natural. Esta actividade podería funcionar ben en grupos de dous a catro por uns trinta minutos, se usa as cuestións de explotación e dez a quince minutos en contrario.
Indicacións para os alumnos: Ollade o seguinte simulador: Podedes cambiar parámetros como a vida media dos lobos, coellos ou a súa probabilidade de reproducirse. Tamén podedes cambiar o ambiente entre "Island" (Illa) ou Toroid (poden vagar libremente). Se lle dades a "view population graph" podedes ver segundo pasa o tempo como varían as poboacións. Logo trata de contestar as seguintes respostas: 1. Que sucedería se houbese moitísimos máis coellos ca lobos? Vivirán estes para sempre nunha poboación elevada? 2. O que sucedería se houbese moitos máis lobos ca coellos? Manterase a poboación de coellos para sempre? 3. Como poden os coellos e lobos viven en equilibrio nesta simulación? SEGURO QUE PASAREDES UN BO ANACO FACENDO PROBAS E VENDO A VER QUE PASA
Neste apartadiño irei publicando as vosas presentacións. En xeral estou moi contento cas presentacións que fixéchedes e amósame unhas cabeciñas que pensan e estructuran a información. Así que parabéns para todos, xa que non vin ningún traballo de primeiras que non mereza eloxio.
Aquí está o traballo presentado por: Rebeca Ríos Fontán, Marieta Estévez Gandía, Astrid Porto Delamano e Olga Rodríguez Diéguez. Ten algunhas faltas orteográficas, pero están a revisalas e traballar nelas para entregarme o definitivo. O traballo en xeral está de notable, pero ten tamén algún falliño, así que olládeo para axudalas a descubrir onde están eses pequenes erros (Isto forma parte do proceso de parendizaxe)
Primeiro, debedes de ver os seguintes capítulos sobre a evolución do home: A odisea da especie CApítulo I.
A Odisea da especie Capítulo II.
A Odisea da Especia capítulo III
Posteriormente, debedes de facer unha presentación con diapositivas dixitais (powerpoint, open office, presentación google docs..) Debedes de usar como mínimo 20 imaxes das seguintes por capítulo para facer a vosa presentación, aínda que podedes empregar todas se así o precisárades. Capítulo 1:
Capítulo 2:
Capítulo 3:
No traballo sobre a evolución do home hai que tratar as seguintes cuestións: • Especies das que se fala no documental. (O nome debe estar ben escrito e en cursiva, xa que se trata de nomes científicos). Ex; Homo ergaster. Cando se fala repetidas veces da mesma especie podemos facer unha abreviación do xénero, escribindo a primeira letra seguida dun punto: Ex: H. ergaster. De cada unha das especies da liña evolutiva do home deberanse tratar os temas que se piden na vindeira lista de puntos. A información atópase no documental, pero se faltase ou pensades que estivera incompleta, deberedes buscar na wikipedia ou noutra fonte de información os datos que falten. Cando sexa así, debermos de referirnos á fonte a cal estamos citando: nome do autor, ano, nome do título, editorial. Se é unha web, deberemos ademáis dar o link da cita e o día da consulta.
Debemos tratar, sempre que nos sexa posible, aspectos como:
Encadre temporal: Rango de anos nos que viviu a especie
Encadre xeográfico de onde vivía, xeolóxico e climático
Localización xeográfica da especie e posibles migracións
Medio ambente no que vivía (podes relacionalo co clima)
Aspectos morfológicos (Diferencias con outros primates):
Volume craneal e rasgos faciais
Fisioloxía e anatomía do corpo
Evolución do bipedismo
Comportamento da especie
Aparición da fala
Evolución do pensamento / conciencia de si mesmo/ creatividadeç
Grao de socialización e transmisión do coñecmento
Conciencia ante a morte e posibles ritos funerarios
Alimentación
Técnicas de caza
Pinturas rupestres
Música
Emprego de ferramentas e armas
Grao de manexo do lume e xeito de conseguilo
Cociñado de alimentos
Vestimenta
Evidencias paleontológicas e xacementos importantes onde se localizaron restos fósiles.